O pasado venres celebramos o Magosto.
Gustóunos moito estar na nosa terraza e comer as castañas todos xuntos.
Foi unha tarde moi especial. A profe Laura acendeu o lume para quentar as castañas, ese foi un momento cheo de maxia e quedou reflectido nas nosas cariñas!
Deixamos nesta entrada, unhas imaxes da nosa experiencia do Magosto no cole e as cantigas e poemas que aprendimos.
Chamando o Magosto! |
Un bo lume para quentar... |
Fixemos gorros con periódicos e os decoramos o noso gusto
E xa na terraza xuntámosnos todos para gozar do fogo, das castañas e as cantigas que aprendimos
A castaña do Magosto
fixo Pummm e estoupou
Ai! castaña, castaniña
Vaia susto que levou
No hay comentarios:
Publicar un comentario