Os nenos e nenas da clase de 4 anos, damos por rematado o noso proxecto sobre o Polo Norte. Grazas a Moli, descubrimos un lugar afastado de Europa onde as costumes, o modo de vida e os animais que nel habitan, en nada se asemellan ó que está ó noso redor. A súa vestimenta é moi diferente da nosa, están sometidos a temperaturas moi desfavorables e precisan ir moi ben abrigados. As súas casas están feitas con xeo e teñen una forma que lles permite gardar mellor á calor.
Familiarizámonos con palabras como: inuits, iglú, caribú e trineo.
Pareceunos unha moi boa idea, facer un inuit máis ou menos da nosa estatura. Todos colaboramos á hora de pintalo, como vedes pintar é unha actividade que nos entusiasma.
Deixámosvos algunhas imaxes das actividades que fixemos durante o transcurso do proxecto.
Este proxecto levou implícito a importancia dunha boa alimentación. Por iso, estivemos traballando coa roda dos alimentos e concienciándonos da importancia de hábitos de vida que favorecen o noso desenvolvemento coma unha boa hixene e unha dieta equilibrada.
Ó rematar de pintar o noso inuit, xurdiunos unha idea, e foi facer un "photocall", esperamos que vos gusten as imaxes.
Moitas grazas por visitar o noso blog!
No hay comentarios:
Publicar un comentario