martes, 24 de febrero de 2015

CONTO, CONTIÑO...

Hoxe, martes 24, as aulas de Educación Infantil tivemos a gran sorte de poder visionar un "Contacontos" en galego. Queliña, veu o cole co seu maletín máxico, onde escondía grandes tesouros para poder contar as máis marabillosas historias. Escoitamos dous contos que nos ensinaron a respectar as diferenzas que nos fan especiais, o valor da amizade, o marabilloso mundo da imaxinación e o importante que é aprender a facer as cousas por un mesmo.







Foi moi enriquecedor e moi divertido, pois pasámolo xenial e rimos moitísimo axudando a Queliña a relatar dúas fermosas historias. O rematar os contos todos xuntos bailamos unha canción moi marchosa sobre o xenial que é ser único. Para que vexades o animados que estabamos e o bó rato que tivemos, deixámosvos unhas fotografías. 

Moitas grazas Queliña e ata pronto!




No hay comentarios:

Publicar un comentario