jueves, 22 de septiembre de 2016

Benvido ano académico 2016/2017!

O novo curso comezou fai uns días e todo o equipo de Educación Infantil  do centro “Niño Jesús de Praga” estamos moi contentos de voltar ás aulas. Querevos darvos non só a benvida ó centro, senón tamén ó blog dos alumnos de 3, 4 e 5 anos.  Foron uns primeiros días moi intensos, é verdade que vimos algunha bágoa, pero sobretodo vimos moita ledicia nas facianas dos/as nenos/as que desexaban voltar as súas clases, ver ós/ás compañeiros/as e aprender moitas cousas.


Confiamos en que será un ano académico repleto de novas e gratificantes experiencias, sorrisos, novas aprendizaxes e moita moita alegría. A continuación podedes ver unha foto tomada na aula dos/as nenos/as de cinco anos onde nos xuntamos as tres aulas. Grazas por visitar o noso blog! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario